DÍA INTERNACIONAL DA RECICLAXE
No marco do Día Internacional da Reciclaxe, que tIvo lugar este domingo, 17 de maio, vimos de lanzar unha campaña “A reciclaxe sempre é #Trending Topic na nosa terra” dirixida aos máis novos.
A través de distintos soportes online tales como carteis, gifs e vídeos animados, e utilizando o argot propio dos nativos dixitais, a iniciativa nútrese con mensaxes atractivas e dinámicas nas que se pon en valor a práctica diaria dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).
Deixámosvos algúns destes videos dinámicos: