viernes, 17 de diciembre de 2021

Pintar, pintar, pintar sin parar...


 

A directora do centro e a coordinadora do Equipo de Horta son imparables, as veces pensamos que teñen súper poderes ou que son biónicas. 

O caso. Resulta que sobrou pintura doutros arranxos do colexio, e antes de que se estropeara, puxéronse a pintar as vallas das plantas aromáticas que estaba en moi mal estado por mor das inclemencias atmosféricas. Procurando así, preservala polo menos un ano máis ata que teñamos cartos para poder cambiala. Tamén lle deron unha man de pintura a algunhas mesas e bancos que temos no centro realizados con materiais de reciclaxe. Como eran pinturas tóxicas decidiron non realizar esta actividade cos nenos.

 Houbo rumores de que mentras pintaban cantaban; "pintar, pintar, pintar sin parar..."


martes, 14 de diciembre de 2021

Facendo comedeiros orixinais


Unha das tarefas que realizamos co Equipo de horta semanalmente, é dar de comer aos paxaros da contorna nos diferentes comedeiros que temos no colexio. E que se lle ocurreou ao maravilloso Equipo de Horta? Ides flipar!!!! Comedeiros con piñas!!!!

Sí estar a ler ben. Unha forma súper mega orixinal e divertida!!!! Rebozaron piñas con mantequilla de cacahuete e alpiste. Despois colgáronas no carballodo cole. Os alumnos que fixeron esta actividade gozaron moito e os paxaros tamén...