miércoles, 30 de marzo de 2022

Abrimos portas




O restaurante de Bolboretas do CEIP Fonte Escura xa abriu as súas portas. AE1 plantou todos os menús para as bolboretas e achegados ;)

Vide e disfrutade. Son menús de calidade.
Para xantar, xa sabedes Restaurante de Bolboretas Fonte Escura!!!!!!

Woooooooow!!!!


viernes, 25 de marzo de 2022

Plantando aquí e plantando alá


Miña nai que día tiveron na horta do CEIP Fonte Escura!!, que se recolectando, recollendo e plantando.

Parece ser que o alumnado dos cursos mixtos de 1º e 2º EP e 5º e 6º de EP (estes déronno todo, e algúns cun estilazo que tiraban para atrás) estiveron plantando que se pementos, que se acelgas, que se rúcula, que se tomates, que se xudías,...

Ata sen folgos quedaron do que plantaron.

Recollendo o noso traballo


 


Entre onte e hoxe os alumnos dos cursos mixtos de 3º e 4º de EP e 5º e 6º de EP estiveron recollendo os froitos do seu traballo e... PREMIO. Levaron a casa as verduras que pasiño a pasiño plantaron e coidaron.

Toda recompensa e froito do traballo diario, da disciplina e do esforzo. 

jueves, 24 de marzo de 2022

As landras do noso carballo


Xa sabedes que temos un fermoso carballo no xardín, pois quixemos aproveitarmos a súa xenerosidade e recollemos as súas landras. Algunhas sementámolas en macetas, esperando que crezan para pasalas a terra. Outras serviron para facer diferentes obxectos decorativos como colgantes  móviles, coroas de nadal,…


A tope co noso Carballo!!!!

viernes, 18 de marzo de 2022

Plantación de sementes para restaurante de bolboretas


Os máis riquiños, bonitiños, xeitosiños e pequeniños do noso colexio estiveron plantando sementes para a xermolación de flores e tomates nun espazo da horta adicado ao Restaurante dás bolboretas, abellas e demáis insectos. 

Como vedes é un Restaurante para Bolboretas inclusivo. Infantil sempre a mil!!!!!

Recollendo lixo no río Lagares


 

Saímos ás 9:30 do noso colexio e camiñamos ata o río Lagares. Alí, atopamos lixo, recollémolo e trouxémolo ao centro para depositalo nos seus correctos colectores para así poder reciclalo. Almorzamos no merendeiro e retornamos ao centro para a hora do recreo. Sí sí o recreo non se pode perder... somos uns truáns!!!


viernes, 11 de marzo de 2022

Comer e beber


No CEIP Fonte Escura encántannos os animais. Tanto é así que dende o Equipo de Horta, distribuímos o traballo por equipos e cada día unha clase encárgase de encher os comedoiros e bebedoiros que temos no cole. Pasámolo pipa xa que as veces vemos como os animaliños se achegan a comer e beber diante de nós. Isto é unha maravilla!!!!!

jueves, 10 de marzo de 2022

Bellotas, Carballiños, Carballazos



As bellotiñas que plantaron os compis de AE2 están crecendo que os leva o demo. Si, si. Mirade que grandes!!!!! Pasaron de pequenas bellotas a casi, casi carballazos.

Veña vale... inda están en carballiños. Pero xa vedes que creceron un montón. Dende logo AE2 son uns xardiñeiros de estouro!!!!.

Lo flipas con AE2!!!!!