viernes, 26 de noviembre de 2021

Experiencia compartida co CEIP de Cedeira

 


No CEIP de Cedeira traballa Elena, unha mestra que estivo no noso centro dous cursos. Aproveitamos esta oportunidade e a boa disposición desta mestra e do equipo de horta do seu colexio, para propoñer poñer en común experiencias e propoñer actividades conxuntas. Ademais decidimos compartir todos os agasallos que nos sobraron do xeneroso envío de SOGAMA con estes compañeiros. 

Foi o noso primeiro contacto cos nosos compañeiros do CEIP de Cedeira para coñecernos e compartir as actividades medioambientais realizadas no primeiro trimestre.

SOGAMA SON TOTAIS

Grazas

jueves, 18 de noviembre de 2021

Manualidades TIC ecolóxicas con landras

 

Este colexio é máxico. Teñen un carballo xeneroso e frondoso ao carón da horta. E os cativos aproveitando a súa frondosidade fixeron unha actividade moi creativa. Recolleron as numerosas landras que estaban no chan e despois pintáronnas nas aulas.

Fixádevos se son creativos que os de 1º e 2º ata fixeron un precioso móbil que adornaron cunha grilanda de luces. Son a caña de España!!!!!


miércoles, 10 de noviembre de 2021

Plantación de inverno

 


Despois de preparar os bancais, chegou o tempo de plantar as verduras de inverno: leitugas, pak choi (repoliños asiáticos deliciosoooos), espinacas, cebolas, repolos,... 

Todos participaron nesta actividade plantando nas horas de horta que lle correspondían por curso.

Hugo deuno todo. Traballou exemplarmente como un campeón.

martes, 9 de noviembre de 2021

Obradoiro de azucre


Pois ás profes deste cole son as máis dulces do mundo. Desprenden glucosa polos seus poros. Tanto é así que se lles deu por medir co alumnado o azucre que hai nos alimentos que merendan. 

Faláronnos da importancia de non tomar moito azucre engadido, a OMS (unha organización onde contan que hai mogollón de mega expertos en cousas súper importantes, recomendan non comer máis de 25gr ao día de azucre). Aprenderon onde buscar os ingredientes nos envases dos alimentos.

Os alumnos, revolucionándose e anticipándose ao futuro, fixeron unha regra de tres para calcular os gramos de azucre que hai nos envases dos alimentos que comen nas merendas. Puxeron esa cantidade de azucre en bolsas de plástico e despois puxéronnas ao seu carón para visualmente ver canto azucre hai dentro.

A LU CI NAN TE

jueves, 4 de noviembre de 2021

As bellotas de AE2 xa están pulando


O grupo de AE2 quixo seguir a senda marcada o curso pasado polo magnífico equipo de horta que tiña o noso CEIP.  E que fixemos??? Pois voltamos recoller as bellotas do noso fértil, rudo e forte carballo e con todo o noso amor demos nova casa a esas pequeniñas bellotas que caeron soíñas ao chan do noso xardín.

Con toda a delicadeza e coidado plantámolas e pouquiño a poco ímoas regando. E fixádevos!!! Xa están dando os seus primeiros pulos!!!!

Dende logo o Equipo de AE2 son uns gran XARDIÑEIROS!!! 

lunes, 1 de noviembre de 2021

Celebrando o día das setas


Tal foi o éxito da exposición de setas realizada por unha das micólogas máis famosas do noso centro (Elena), que este curso repetimos a experiencia pero ao grande. Fixemos investigación empírica no noso patio!!!. Temos un xardín espectacular cheo de diferentes especies de setas.