Aproveitando a xenerosidade do carballo que temos ao carón da nosa horta, os pequeniños de Educación Infantil, fixeron unha actividade de recollida das numerosas landras que estaban no chan. Despois pintáronas
miércoles, 27 de octubre de 2021
Pintando Landras en Educación Infantil
Aproveitando a xenerosidade do carballo que temos ao carón da nosa horta, os pequeniños de Educación Infantil, fixeron unha actividade de recollida das numerosas landras que estaban no chan. Despois pintáronas
miércoles, 13 de octubre de 2021
Menú semanal saudable
Os alumnos de 1º e 2º estiveron reflexionando sobre as merendas que soen traer ao colexio, e que é una merenda saudable. Desta reflexión saíu a elaboración dun menú san para cada día da semana, e compartíronno co resto das aulas do colexio.
Gracias por esta proposta estupenda!!!
lunes, 4 de octubre de 2021
Preparando os bancais
Acabamos de comezar e o Equipo de horta observou que a terra dos bancais era moi arxilosa e precisaba ser enriquecida urxentemente.
As mestras Ana e Marta Q., (tamén estaba Lourdes comentaron), baleiraron o composteiro e un veciño do colexio que ten cabalos deunos varias sacas de esterco. Removeron toda a terra e a abonaron co compost e o esterco. Voltaron a colocar o rego automático.
Así os bancais quedaron listos para ser sementados. E elas casi, casi esnaquizadas de cansancio xa que fixo un calor de ca... de catano.
PD: Fai un calor de catano. Expresión galega que ven sendo algo así como fai un sol de raio. (cousas dunha das mestras PT do centro)