lunes, 4 de octubre de 2021

Preparando os bancais


Acabamos de comezar e o Equipo de horta observou que a terra dos bancais era moi arxilosa e precisaba ser enriquecida urxentemente.

As mestras Ana e Marta Q., (tamén estaba Lourdes comentaron), baleiraron o composteiro e un veciño do colexio que ten cabalos deunos varias sacas de esterco. Removeron toda a terra e a abonaron co compost e o esterco. Voltaron a colocar o rego automático. 

Así os bancais quedaron listos para ser sementados. E elas casi, casi esnaquizadas de cansancio xa que fixo un calor de ca... de catano.


PD: Fai un calor de catano. Expresión galega que ven sendo algo así como fai un sol de raio. (cousas dunha das mestras PT do centro)

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario