viernes, 17 de diciembre de 2021

Pintar, pintar, pintar sin parar...


 

A directora do centro e a coordinadora do Equipo de Horta son imparables, as veces pensamos que teñen súper poderes ou que son biónicas. 

O caso. Resulta que sobrou pintura doutros arranxos do colexio, e antes de que se estropeara, puxéronse a pintar as vallas das plantas aromáticas que estaba en moi mal estado por mor das inclemencias atmosféricas. Procurando así, preservala polo menos un ano máis ata que teñamos cartos para poder cambiala. Tamén lle deron unha man de pintura a algunhas mesas e bancos que temos no centro realizados con materiais de reciclaxe. Como eran pinturas tóxicas decidiron non realizar esta actividade cos nenos.

 Houbo rumores de que mentras pintaban cantaban; "pintar, pintar, pintar sin parar..."


No hay comentarios:

Publicar un comentario