viernes, 28 de enero de 2022
Espantallos reciclados
martes, 25 de enero de 2022
Facendo o restaurante das Bolboretas
Acabamos de preparar uns sementeiros "chulísimos" de flores para facer un “Restaurante de bolboretas”. Si, si. O que estades lendo, para ¡¡¡¡¡Bolboretas!!!!
No colexio están pendentes de facer un espazo para as bolboretas e outros insectos polinizadores. Mentres tanto, os rapaces fixeron uns sementeiros, preparados para transplantalos proximamente no “Restaurante de bolboretas”.
Xa vos informaremos de como van estas obras. Porque a cousa promete.
jueves, 20 de enero de 2022
Charla da Comunidade de Montes
Os maiores do cole tiveron unha charla sobre a sustentabilidade do monte, os seus coidados, beneficios e a prevención e extinción de incendios.
Sabedes que lles falou de todo iso?? Pois dous traballadores da
Consellería de Medio Ambiente. Eles encárganse de controlar o estado dos nosos
montes e os seus ecosistemas. Así mesmo, realizan diversas
actividades de prevención e controlan os
incendios que se producen. Foi unha charla moi interesante.
viernes, 14 de enero de 2022
Plantando chícharos a tope
Chegou xaneiro, e con él o tempo de sementar... Os
chícharos!!!!!!
O alumnado de 5º e 6º de EP preparou unha estrutura con canas, (axudoulles o conserxe Javier con iso das canas). Tiveron que facer un traballo de medición e cálculo. Calculíns en toda regra. Todo o centro participou na plantación. Nalgunhas aulas aproveitaron para observar o proceso de desenvolvemento da semente nuns botes con algodón e despois as sementáronnos na terra.
Flipades con ben que quedou!!!!