O Equipo de horta está en todo. Resulta que as plantacións dos bancais xa están moi grandes e
atraen a moitos paxaros. Tamén observaron extraños levantamentos de terra feitos
polas toupeiras. (toupeiras, extraterrestes... quen sabe). Polo que chegou o momento de colocar os espantallos que fixeron o
curso pasado con botellas de 2 litros, cuter e cinta illante. Colocáronos en
puntos estratéxicos.
Estes “dispositivos” caseiros parece que están dando bo
resultado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario