Pois grazas a nosa querida e maravillosa profe Marta Q aprendemos a elaborar xabóns. Elaborámolos derretendo unha barra de glicerina e engadíndolle distintos elementos para dar propiedades nutritivas
extra ás nosas mans.
Primeiro, puxémoslle flores decorativas no fondo do
molde. Despois, derretemos a
glicerina nun cunco adaptado ao calor e engadimos as sustancias removendo
mentres estaba líquido, por exemplo, puxémoslle arcilla
vermella, arcilla verde, aceite esencial de romeiro, de arbol de té...
Cando o xabón quedou como queríamos, vertémolo no molde e cun spray botámoslle alcohol por enriba para eliminar as
burbullas que se produciron. Por último, deixámolo solidificar e retirámolo ao día seguinte.
O resultado foi uns xabóns fermosísimos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario