viernes, 13 de mayo de 2022

Temos novos libros na Biblioteca


O Equipo de Horta presentou os novos libros relacionados coa horta e medio ambiente que poden atoparse na nosa biblioteca do centro.

Temos cousas fantásticas.

martes, 10 de mayo de 2022

Recollendo bichiños


Pois non sabedes a actividad que fixemos hoxe. Madre del amor hermoso!!! Pois nada que a profe Lourdes deúselle por ensinarnos a gran variedade de bichiños que temos na horta e que fan posible que funcione todo o ecosistema. Foi incríble!!!. O que si, non sei que tiña máis medo se os bichiños o nós?.


Era broma!!! de medo nada de nada!!!! Foi xenial!!

lunes, 9 de mayo de 2022

Facendo champús


 


Puxémonos guantes e mascarilla para seguir o mellor proceso de esterilización posible e seguindo a receta que nos deu a profe de inglés Marta Q., vertemos cada ingrediente nun cunco e mesturamos coas mans. 


Cando a textura semellaba plastilina, fixemos bolas o metémolas nos moldes que nos deu a profe e... Voilá!!!!,  Xa están listos para utilizar. (A mascarilla tamén e boa para o SCI, xa que o invento que ata que non se mestura cos aceites, pode desprender fumes que poden picar a garganta, aínda que non tóxicos.)


 


Receta: 

  • 50% SCI 
  • 20%  herbas e activos(romeiro, arcilla verde, avena...)
  • 10% Shikakai,
  • 10% auga destilada
  • 10% aceite
  • 4  gotiñas de aceite esencial.

viernes, 6 de mayo de 2022

Facendo xabóns de glicerina

 


Pois grazas a nosa querida e maravillosa profe Marta Q aprendemos a elaborar xabóns. Elaborámolos derretendo unha barra de glicerina e engadíndolle distintos elementos para dar propiedades nutritivas extra ás nosas mans. 

Primeiro, puxémoslle flores decorativas no fondo do molde. Despois, derretemos a glicerina nun cunco adaptado ao calor e engadimos as sustancias removendo mentres estaba líquido, por exemplo, puxémoslle arcilla vermella, arcilla verde, aceite esencial de romeiro, de arbol de té... 

Cando o xabón quedou como queríamos, vertémolo no molde e cun spray botámoslle alcohol por enriba para eliminar as burbullas que se produciron. Por último, deixámolo solidificar e retirámolo ao día seguinte.

O resultado foi uns xabóns fermosísimos.

jueves, 21 de abril de 2022

Temos esperanzas!!!!


Pois parece ser que as profes de AE2 xa perderan a esperanza de que brotaran os pementos da súa pequeniña horta. 

Regaron, regaron e regaron os seus pimentiños, xa pensaran que os enchouparan. E nada, seguían sen crecer. Anotaban na súa axenda de regar cada vez que lles daban auga. E nada, seguían sen crecer.

As profes non sabían que facer... inda así, non ían desistir no empeño de regar, regar e regar. E nada, seguían sen crecer.

Comezaron a pensar que algo non ía ben. Tal vez, se lle falaban un pouquiño ou se lle cantanban... E así o fixeron. Cada vez que ían regar os pimentiños, o alumnado de AE2 e a súas mestras, tarareaban cancións e palabras agarimosas. E nada, seguían sen crecer.

Voltaron das súas vacacións e non houbera ningún cambio. Pensaron en voltar a plantar novas sementes e de repente.... os pimentiños brotaron!!!!!!!

Siiiiiiiiiiiiiiiiii!!!! Temos esperanzas!!!!! Comezaron a brotar!!!!

PD: Non soamentes brotaron os seus pimentiños senon que tamén brotou e enraizouse a nosa esperanza.




miércoles, 6 de abril de 2022

Buscamos nome , axúdasnos?


Este pequeno ser inerte foi rescatado pola profe Marta T. Atópase moi enfermo e houbo que levalo a coidados intensivos, a recuperación está sendo lenta pero temos esperanzas.

De momento xa foi alcumado como Rocinante pero semella que non é un cabaliño...

Dende o Equipo de Horta facemos unha petición pública a todo o colexio, precisamos darlle un nome para poder animalo na súa recuperación.

BUSCAMOS NOME, AXÚDASNOS?