Grazas compañeiros!!!! Sodes uns artistazooooooos!!!!!
lunes, 20 de diciembre de 2021
Tarxetas navideñas con material de refugallo
Grazas compañeiros!!!! Sodes uns artistazooooooos!!!!!
viernes, 17 de diciembre de 2021
Pintar, pintar, pintar sin parar...
A directora do centro e a coordinadora do Equipo de Horta son imparables, as veces pensamos que teñen súper poderes ou que son biónicas.
O caso. Resulta que sobrou pintura doutros arranxos do colexio, e antes de que se estropeara, puxéronse a pintar as vallas das plantas aromáticas que estaba en
moi mal estado por mor das inclemencias atmosféricas. Procurando así, preservala polo menos un ano máis ata que teñamos
cartos para poder cambiala. Tamén lle deron unha man de pintura a algunhas mesas e bancos que temos no centro realizados con materiais de reciclaxe. Como eran pinturas
tóxicas decidiron non realizar esta actividade cos nenos.
Houbo rumores de que mentras pintaban cantaban; "pintar, pintar, pintar sin parar..."
martes, 14 de diciembre de 2021
Facendo comedeiros orixinais
Unha das tarefas que realizamos co Equipo de horta semanalmente, é dar de comer aos paxaros da contorna nos diferentes comedeiros que temos no colexio. E que se lle ocurreou ao maravilloso Equipo de Horta? Ides flipar!!!! Comedeiros con piñas!!!!
Sí estar a ler ben. Unha forma súper mega orixinal e divertida!!!! Rebozaron piñas con mantequilla de cacahuete e alpiste. Despois colgáronas no carballodo cole. Os alumnos que fixeron esta actividade gozaron moito e os paxaros tamén...
viernes, 26 de noviembre de 2021
Experiencia compartida co CEIP de Cedeira
No CEIP de Cedeira traballa Elena, unha mestra que estivo no noso centro dous cursos. Aproveitamos esta oportunidade e a boa disposición desta mestra e do equipo de horta do seu colexio, para propoñer poñer en común experiencias e propoñer actividades conxuntas. Ademais decidimos compartir todos os agasallos que nos sobraron do xeneroso envío de SOGAMA con estes compañeiros.
Foi o noso primeiro contacto cos nosos compañeiros do CEIP de Cedeira para coñecernos e compartir as actividades medioambientais realizadas no primeiro trimestre.
SOGAMA SON TOTAIS
Grazas
lunes, 22 de noviembre de 2021
SOGAMA visita o noso centro
jueves, 18 de noviembre de 2021
Manualidades TIC ecolóxicas con landras
Este colexio é máxico. Teñen un carballo xeneroso e frondoso ao carón da horta. E os cativos aproveitando a súa frondosidade fixeron unha actividade moi creativa. Recolleron as numerosas landras que estaban no chan e despois pintáronnas nas aulas.
Fixádevos se son creativos que os de 1º e 2º ata fixeron un precioso móbil que adornaron cunha grilanda de luces. Son a caña de España!!!!!
miércoles, 10 de noviembre de 2021
Plantación de inverno
Despois de preparar os bancais, chegou o tempo de plantar as verduras de inverno: leitugas, pak choi (repoliños asiáticos deliciosoooos), espinacas, cebolas, repolos,...
Todos participaron nesta actividade plantando nas horas de horta que lle correspondían por curso.
Hugo deuno todo. Traballou exemplarmente como un campeón.
martes, 9 de noviembre de 2021
Obradoiro de azucre
jueves, 4 de noviembre de 2021
As bellotas de AE2 xa están pulando
O grupo de AE2 quixo seguir a senda marcada o curso pasado polo magnífico equipo de horta que tiña o noso CEIP. E que fixemos??? Pois voltamos recoller as bellotas do noso fértil, rudo e forte carballo e con todo o noso amor demos nova casa a esas pequeniñas bellotas que caeron soíñas ao chan do noso xardín.
Con toda a delicadeza e coidado plantámolas e pouquiño a poco ímoas regando. E fixádevos!!! Xa están dando os seus primeiros pulos!!!!
Dende logo o Equipo de AE2 son uns gran XARDIÑEIROS!!!
martes, 2 de noviembre de 2021
lunes, 1 de noviembre de 2021
Celebrando o día das setas
miércoles, 27 de octubre de 2021
Pintando Landras en Educación Infantil
Aproveitando a xenerosidade do carballo que temos ao carón da nosa horta, os pequeniños de Educación Infantil, fixeron unha actividade de recollida das numerosas landras que estaban no chan. Despois pintáronas
miércoles, 13 de octubre de 2021
Menú semanal saudable
Os alumnos de 1º e 2º estiveron reflexionando sobre as merendas que soen traer ao colexio, e que é una merenda saudable. Desta reflexión saíu a elaboración dun menú san para cada día da semana, e compartíronno co resto das aulas do colexio.
Gracias por esta proposta estupenda!!!
lunes, 4 de octubre de 2021
Preparando os bancais
Acabamos de comezar e o Equipo de horta observou que a terra dos bancais era moi arxilosa e precisaba ser enriquecida urxentemente.
As mestras Ana e Marta Q., (tamén estaba Lourdes comentaron), baleiraron o composteiro e un veciño do colexio que ten cabalos deunos varias sacas de esterco. Removeron toda a terra e a abonaron co compost e o esterco. Voltaron a colocar o rego automático.
Así os bancais quedaron listos para ser sementados. E elas casi, casi esnaquizadas de cansancio xa que fixo un calor de ca... de catano.
PD: Fai un calor de catano. Expresión galega que ven sendo algo así como fai un sol de raio. (cousas dunha das mestras PT do centro)