jueves, 21 de abril de 2022

Temos esperanzas!!!!


Pois parece ser que as profes de AE2 xa perderan a esperanza de que brotaran os pementos da súa pequeniña horta. 

Regaron, regaron e regaron os seus pimentiños, xa pensaran que os enchouparan. E nada, seguían sen crecer. Anotaban na súa axenda de regar cada vez que lles daban auga. E nada, seguían sen crecer.

As profes non sabían que facer... inda así, non ían desistir no empeño de regar, regar e regar. E nada, seguían sen crecer.

Comezaron a pensar que algo non ía ben. Tal vez, se lle falaban un pouquiño ou se lle cantanban... E así o fixeron. Cada vez que ían regar os pimentiños, o alumnado de AE2 e a súas mestras, tarareaban cancións e palabras agarimosas. E nada, seguían sen crecer.

Voltaron das súas vacacións e non houbera ningún cambio. Pensaron en voltar a plantar novas sementes e de repente.... os pimentiños brotaron!!!!!!!

Siiiiiiiiiiiiiiiiii!!!! Temos esperanzas!!!!! Comezaron a brotar!!!!

PD: Non soamentes brotaron os seus pimentiños senon que tamén brotou e enraizouse a nosa esperanza.




miércoles, 6 de abril de 2022

Buscamos nome , axúdasnos?


Este pequeno ser inerte foi rescatado pola profe Marta T. Atópase moi enfermo e houbo que levalo a coidados intensivos, a recuperación está sendo lenta pero temos esperanzas.

De momento xa foi alcumado como Rocinante pero semella que non é un cabaliño...

Dende o Equipo de Horta facemos unha petición pública a todo o colexio, precisamos darlle un nome para poder animalo na súa recuperación.

BUSCAMOS NOME, AXÚDASNOS?

martes, 5 de abril de 2022

Colaboracións


 Encántanos compartir o noso traballo co amigos. O outro día escribímoslles unha carta aos nosos colegas do CEIP de Cedeira. Contámoslles todo o que fixemos para crear o noso Restaurante de Bolboretas e enviámoslles semillas para compartir e colaborar coa súa horta.


Estamos IN LOVE co CEIP de Cedeira!!!!

lunes, 4 de abril de 2022

O Equipo de horta contraataca


Así nos están deixando as nosas verduras :( 




Estamos levando un disgusto do demo. Unhas lesmas asesinas están deixando as nosas verduriñas nos osiños. Con todo o coidadiño con que as estamos coidando. 

Mais isto non vai quedar así. O Equipo de horta non vai permitir esta ignominia. A profe Lourdes argallou un plan. Arranxou unhas tellas para agachar unha trampa para esas malvadas asesinas. 

Veredes, as lesmas, lesmias ou babosas, parece ser que lles gusta moito a cervexa, (contaban os libros de historia descatalogados xa polas reformas educativas, que ao Emperador Carlos I de España, V de Alemaña, tamén lle gustaba moito a cervexa e que era  un gran aficionado a beber litros e litros). Bueno o tema, que me vou polas ramas. Que como a estas lesmas do inferno lles gusta moito a cervexa, puxémosllles uns vasiños cheos dela agochados debaixo das tellas para que se farten a beber e acabar con elas. 

Non pode ser que todo o traballo que estamos levando na nosa horta se veña abaixo por estas malvadas asesinas. Non nos rendiremos. 

O Equipo de horta contraatacaaaaaaaaaaa!!!!!!


PD: Por outro lado, dicirvos que despois de toda a parrafada que vos contamos, no CEIP Fonte Escura, non temos nada contra os bichiños eses das babosas, de feito, ata lle temos feito un hotel e todo. Se deixan en paz as nosas verduriñas nós deixámolas en paz a elas. 


 

viernes, 1 de abril de 2022

FAGAMOS ALGO


 Alucina vecina!!!! Isto todo foi o que apañamos na nosa saída o río Lagares. Se seguimos así a basura vainos comer.


É ASÍ COMO QUERES QUE SEXA O NOSO FUTURO???? REACCIONEMOS!!!