Así nos están deixando as nosas verduras :(
Estamos levando un disgusto do demo. Unhas lesmas asesinas están deixando as nosas verduriñas nos osiños. Con todo o coidadiño con que as estamos coidando.
Mais isto non vai quedar así. O Equipo de horta non vai permitir esta ignominia. A profe Lourdes argallou un plan. Arranxou unhas tellas para agachar unha trampa para esas malvadas asesinas.
Veredes, as lesmas, lesmias ou babosas, parece ser que lles gusta moito a cervexa, (contaban os libros de historia descatalogados xa polas reformas educativas, que ao Emperador Carlos I de España, V de Alemaña, tamén lle gustaba moito a cervexa e que era un gran aficionado a beber litros e litros). Bueno o tema, que me vou polas ramas. Que como a estas lesmas do inferno lles gusta moito a cervexa, puxémosllles uns vasiños cheos dela agochados debaixo das tellas para que se farten a beber e acabar con elas.
Non pode ser que todo o traballo que estamos levando na nosa horta se veña abaixo por estas malvadas asesinas. Non nos rendiremos.
O Equipo de horta contraatacaaaaaaaaaaa!!!!!!
PD: Por outro lado, dicirvos que despois de toda a parrafada que vos contamos, no CEIP Fonte Escura, non temos nada contra os bichiños eses das babosas, de feito, ata lle temos feito un hotel e todo. Se deixan en paz as nosas verduriñas nós deixámolas en paz a elas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario