O Equipo de Horta presentou os novos libros relacionados coa horta e medio ambiente que poden atoparse na nosa biblioteca do centro.
Temos cousas fantásticas.
Temos cousas fantásticas.
Puxémonos guantes e mascarilla para seguir o mellor proceso de esterilización posible e seguindo a receta que nos deu a profe de inglés Marta Q., vertemos cada ingrediente nun cunco e mesturamos coas mans.
Cando a textura semellaba plastilina, fixemos bolas o metémolas nos moldes que nos deu a profe e... Voilá!!!!, Xa están listos para utilizar. (A mascarilla
tamén e boa para o SCI, xa que o invento que ata que non se mestura cos aceites, pode desprender fumes que poden picar a garganta, aínda que non tóxicos.)
Receta:
É ASÍ COMO QUERES QUE SEXA O NOSO FUTURO???? REACCIONEMOS!!!
Parece ser que o alumnado dos cursos mixtos de 1º e 2º EP e 5º e 6º de EP (estes déronno todo, e algúns cun estilazo que tiraban para atrás) estiveron plantando que se pementos, que se acelgas, que se rúcula, que se tomates, que se xudías,...
Ata sen folgos quedaron do que plantaron.
A tope co noso Carballo!!!!
Saímos ás 9:30 do noso colexio e camiñamos ata o río Lagares. Alí, atopamos lixo, recollémolo e trouxémolo ao centro para depositalo nos seus correctos colectores para así poder reciclalo. Almorzamos no merendeiro e retornamos ao centro para a hora do recreo. Sí sí o recreo non se pode perder... somos uns truáns!!!
No colexio están pendentes de facer un espazo para as bolboretas e outros insectos polinizadores. Mentres tanto, os rapaces fixeron uns sementeiros, preparados para transplantalos proximamente no “Restaurante de bolboretas”.
Xa vos informaremos de como van estas obras. Porque a cousa promete.
Os maiores do cole tiveron unha charla sobre a sustentabilidade do monte, os seus coidados, beneficios e a prevención e extinción de incendios.
Sabedes que lles falou de todo iso?? Pois dous traballadores da
Consellería de Medio Ambiente. Eles encárganse de controlar o estado dos nosos
montes e os seus ecosistemas. Así mesmo, realizan diversas
actividades de prevención e controlan os
incendios que se producen. Foi unha charla moi interesante.
Chegou xaneiro, e con él o tempo de sementar... Os
chícharos!!!!!!
O alumnado de 5º e 6º de EP preparou unha estrutura con canas, (axudoulles o conserxe Javier con iso das canas). Tiveron que facer un traballo de medición e cálculo. Calculíns en toda regra. Todo o centro participou na plantación. Nalgunhas aulas aproveitaron para observar o proceso de desenvolvemento da semente nuns botes con algodón e despois as sementáronnos na terra.
Flipades con ben que quedou!!!!